Este exercicio chámase exercicio de ditado, mais se os ficheiros de lección necesarios están escritos, pódese empregar de varias formas:
Pode deixar que o Solfege lle reproduza música que vostede terá que escribir nun papel á parte. Prema nos botóns coas negras para repetir pequenas partes da música. Deberá premer no botón Mostrar e comprobar as súas notas vostede mesmo para ver se cometeu algún erro.
Pode utilizar este exercicio para practicar a lectura á vista: cando comece o exercicio, prema en Mostrar e trate de entoar a música. Logo, pode usar o botón "Reproducir toda a música" ou os botóns coas negras para que o programa reproduza a música. Terá que ser vostede mesmo quen decida se o fixo ben.